¡Grazas a todos!

0 Flares 0 Flares ×

Preparei este textiño para a entrega de premios do Festival de Cine e Televisión Camino de Santiago. Non me gusta falar en público e non sei se fun quen de ler o que tiña escrito. Aquí queda como mostra de agradecemento a todos os que traballaron para sacar adiante Caminos de Paz.

Boa noite.

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios queda dende hoxe en débeda co Festival e coa Fundación Andrea. Moitas grazas por ter apreciado o noso traballo e por premiar coa Estela Solidaria a Camiños de Paz, un documental producido con ACPP que é froito dun intenso traballo voluntario. Camiños de Paz é unha realidade grazas a colaboración desinteresada de moitas persoas. O meu agradecemento a todas elas, especialmente a Álvaro Ayala e a Natalia Puga.

Recibimos este galardón nun momento durísimo para a coperación. Non só polos tixereitazos dos gobernos, tamén porque a crise é unha escusa perfecta para que os individuos non miremos máis alá. Dende Agareso seguiremos traballando para dar voz a quen está mudo. Como dixo Manuel Rivas, o xornalismo é un conto. Un conto baseado no compromiso coa sociedade, especialmente cos máis desfavorecidos; non os imos  esquecer.

Moitísimas grazas.

Con Alejandro Quiñoá, delegado de ACPP en Galicia.

Con Alejandro Quiñoá, delegado de ACPP en Galicia.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 0 Flares ×
 

luisaperezpuga

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>